Política de privacidade

Rocío Bernal Constenla conforme á lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, pon en coñecemento dos usuarios da páxina web http://www.markguscin.com (en adiante a Páxina) a Política de Privacidade e Protección de Datos que aplicará no tratamento dos datos persoais que o Usuario facilite voluntariamente ao acceder á súa web. O Usuario, ao proporcionar a Rocío Bernal Constenla os seus datos de carácter persoal a través dos formularios electrónicos da Web, apartado de contactos, e, se é o caso, a través da marcación da correspondente pestana de aceptación, consente expresamente que Rocío Bernal Constenla poida tratar eses datos nos termos desta cláusula de Política de Privacidade e Protección de Datos e para os fins aquí expresados. Rocío Bernal Constenla pon en coñecemento dos usuarios da Páxina, que os seus datos de carácter persoal só poderán obterse para o seu tratamento cando sexan axeitados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtivesen. Serán cancelados cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a dita finalidade, ou cando o solicite o titular no exercicio do seu dereito de cancelación. Rocío Bernal Constenla manifesta o seu compromiso de cumprir coa lexislación vixente en cada momento en materia de protección de datos, concretamente coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal; o Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, que aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999; o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, e demais lexislación aplicable. Os datos persoais facilitados serán incluídos nos ficheiros, manuais ou automatizados rexistrados na Axencia Española de Protección de Datos, baixo titularidade da Compañía, e utilizaranse de acordo á seguinte política.

O usuario será o único responsable da veracidade dos datos facilitados a Rocío Bernal Constenla.

Queremos que poidas exercer os teus Dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade e a limitación ou oposición dirixíndote por escrito á dirección do Responsable, indicando “exercicio dereitos protección de datos” ou a través da seguinte dirección electrónica: info@markguscin.com. Os interesados teñen dereito a retirar o consentimento prestado.

 

Os interesados teñen dereito a reclamar ante a Autoridade de Control (Axencia Española de Protección de Datos www.agpd.es).

 

Rocío Bernal Constenla administra o seu contorno de servidores de forma axeitada, tendo unha infraestrutura firewall de estrito cumprimento. Utiliza continuamente tecnoloxías actuais para asegurarse de que a confidencialidade e a privacidade da información non está comprometida. A Páxina utiliza o protocolo SSL (Secure Socket Layer) para mellorar a seguridade. SSL é a tecnoloxía estándar do sector que se utiliza para protexer e manter a seguridade das transmisións de mensaxes a través de Internet. Ao acceder ás súas contas ou enviar información desde páxinas de Internet seguras, o cifrado codificará os seus datos nun formato ilexible para impedir que usuarios non autorizados accedan a este tipo de datos. Para isto adóptanse as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal contidos neles e para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos. Calquera cambio realizado na Política de Privacidade e nas prácticas de administración da información reflectirase de forma oportuna, podendo Rocío Bernal Constenla agregar, modificar ou eliminar a devandita política de privacidade cando o estime necesario.

 

De todas formas, Rocío Bernal Constenla en ningún caso modificará as políticas nin prácticas para facelas menos eficaces na protección dos datos persoais dos nosos clientes almacenados anteriormente, sen o consentimento previo dos clientes afectados.

 

OS TEUS DATOS NON SE CEDEN NIN SE VENDEN

SOMOS TRANSPARENTES NA INFORMACIÓN QUE CHE CONCIRNE