Referencias

Entendemos que a satisfacción é o camiño máis directo de cara á fidelidade.
ARTES GRÁFICAS, COMUNICACIÓN
Labrax Soluciones, S.L.
Tony Le Brand
COMERCIO
El Corte Inglés
TOUS
CONGRESOS, EXPOSICIÓNS
EXPOCoruña
Mar de Vigo
Palexco
CONSUMO, MARKETING, HOSTALERÍA
Beefeater
Denominación de origen Rías Baixas
Estrella Galicia
FÒRUM GASTRONÓMICO
Feiraco
GADIS
Paco & Lola
ENERXÍA, ENXEÑERÍA, CONSTRUCCIÓN, CONSULTORÍA
Duro Felguera
Enagas
FADESA
Iberdrola
Interavante
Repsol
FINANZAS, BANCA
ABANCA
BANKIA
FUNDACIÓNS
Fundación cidade da cultura
Fundación Luis Seoane
Fundación María José Jove
MUSEOS, CULTURA, ARTE, EDITORIAIS
CGAC
Grupo Planeta
MACUF
MUSAC
ORGANISMOS OFICIAIS
AENA
Agencia Tributaria
Cardiff Metropolitan University
Concello de A Coruña
IGAPE
Instituo Galego de Consumo
Paradores
Universidade de A Coruña
Universidade de Santiago
Universidade de Vigo
University of Glasgow
Xacobeo
Xunta de Galicia
PRODUCTORAS
BBC
Buena Vista International
National Geographic
TÉXTIL
INDITEX
NANOS
Paz Rodríguez
Pili Carrera
TELECOMUNICACIÓNS, TECNOLOXÍA
Ericsson
Movistar
Orange
Televes
Vodafone

Rocío é unha magnífica profesora de inglés que soubo ensinar dunha forma totalmente axeitada ás miñas necesidades. Conseguín aprender inglés de maneira amena e efectiva, sendo quen de desenvolverme perfectamente en todas as situacións que se poidan presentar, tanto a nivel social como profesional. Destacaría a gran profesionalidade e capacidade de adaptación que ten para realizar as clases. Grazas a este traballo conseguín acadar amplamente os obxectivos que me propuxera.

Mª Nieves V. N.

Concelleira do Grupo Socialista do Concello da Coruña (1999-2013)

Aínda que sempre quixen aprender inglés, sempre tiven medo de facelo. Máis que medo era a vergonza de equivocarme. Rocío conseguiu que eu perdese medo e vergonza, que gozase e me divertise aprendendo ese idioma. Faino realmente MOI ben, con calidade e calidez ¡e sempre lle estarei agradecida!

Roxana V.

Antropóloga – Consultora en Xénero e Desenvolvemento

Hai tres anos decidín que tiña que aprender inglés para poder defenderme cando viaxo ao estranxeiro; por casualidade contactei con Rocío e está a darme clases. Eu sabía moitas palabras soltas, pero non era quen de formar frases. Co tesón e a paciencia de Rocío agora xa podo articular esas frases. Podo asegurar que coas clases que recibo, e iso que vou só unha vez na semana e non lle dedico moito tempo, en poucos meses pódese aprender a manter una conversa, xa que considero que ten un nivel alto de inglés e de gramática, a que che explica facilmente para que poidas comprendela.

Belen S.

Ex-empregada de Banca

“Dende hai 13 anos traballamos con Mark Guscin e o seu equipo. Tanto a nivel tradución como interpretación destacaría a súa axilidade, rigor e confianza. Traballando con eles sentímonos en boas mans”.

Loreto G.

Directiva Empresa de Comunicación – Nova York - Estados Unidos

“Coñecín a Rocío por amigos comúns, e cando por traballo tiven que mellorar o meu nivel de inglés, acudín a ela, tanto pola impresión que me deu, como polas boas referencias que tiña dela. Superou todas as miñas expectativas: é unha persoa que se implica, que transmite confianza mesmo máis alá do profesional, que é resolutiva, que ante dificultades de aprendizaxe ou mesmo de compatibilidade de horarios busca rapidamente solucións, que deixa ver que fai o seu traballo porque lle gusta, con dedicación e agarimo. Conseguiu que gozase de aprender, que non o vise como un simple trámite. Realmente divertinme e aprendín. E mesmo recoñezo que non só aprendín inglés, que aprendín moito máis, porque Rocío é unha persoa excepcional; é agarimosa, con empatía, chea de vida e que desborda bondade. É unha gran profesional e unha gran persoa”.

Deborah G.B.

Lcda. en Química - Profesora colexio concertado na Coruña

Esta é, ante todo, unha nota de agradecemento a Rocío e a Mark. Agradezo que conten comigo como colaboradora. Agradezo a súa eficacia, escasa complicación e boa disposición. Agradezo o seu trato próximo e a súa sinceridade. Agradezo, en fin, ese clima de solvencia que os rodea e define, en todos os aspectos.   Podo resumir esta nota nunha frase que un día me dixo Rocío: “encántanos facer as cousas ben...”  ¿que máis podo dicir eu?

Mar S.

Traductora A Coruña

“Dá unas clases dinámicas e entretidas, implicándote en todo momento e convidándote a que participes e te “soltes” a falar en inglés. Aprendín moito con ela e é moi boa profesora”.

María G.

Alumna de 2º de Bacharelato no colexio María Auxiliadora (Salesianos) A Coruña  (España)

“As súas clases son divertidas, cada día facemos cousas distintas. Gústame moito como profesora de inglés porque fai que fales e aprendas inglés pasándoo ben”.

Sara G.

Alumna de 2º da ESO no colexio María Auxiliadora (Salesianos) A Coruña (España)

"Gústame moito Rocío pola intensidade e a constancia para que os seus alumnos consigan resultados, é moi boa persoa e profesional. Destaco tamén a dispoñibilidade para adaptarse segundo o que requira a situación. Outro punto a tratar é que eu mellorei o meu inglés moi rápido e dunha forma práctica e divertida".

Pablo R.

Alumno de 1º de Bacharelato no colexio Fogar de Santa Margarida – A Coruña (España)

“Levamos traballando con Mark Guscin Linguistic Services dende 2008, ano no que EXPOCoruña iniciou a súa actividade. A satisfacción polos servizos de tradución e interpretación prestados levounos a seguir contando con eles en sucesivas ocasións”.

Santiago G.

Xerente fundación do sector feiral e de congresos na Coruña (España)

“…a palabra axeitada, o xiro preciso, o significado que buscas, o tecnicismo que non coñeces…así son as traducións de Mark Guscin, con quen veño traballando dende 1986 (son xa ¡27 anos!). Se a isto lle engadimos o que para calquera profesional é tanto ou máis importante, e estou a referirme ao cumprimento das datas de entrega e á atención inmediata cando xorde unha emerxencia fará que, coma min, non o cambies nunca”.

Mª José U.

Directora Xeral Financeira de multinacional (sector Agro-alimentario) A Coruña (España)

“De Mark Guscin marabíllanos a calidade do seu traballo e os seus tempos de entrega. Son sempre a nosa primeira opción cando precisamos unha tradución”.

Liu W.

Axencia de tradución 诺翻译 Pequín (China)

“Ofrecen tranquilidade, eficacia, flexibilidade, rapidez, fiabilidade, adáptanse a diferentes tipos de linguaxe e formas de comunicación... sempre fieis ao contido e significado dos textos... ¿Que máis se pode pedir?”

Ana B.

Dpto. de Produción Empresa multimedia en Santiago de Compostela - A Coruña (España)

"Cando preciso facela traduccion dalgun dos textos que van nun libro producido por min chamo a Mark Guscin. E un profesional da traducción que merece toda a miña confianza, pola calidade no seu traballo, pola rapidez na entrega e polo seu trato moi atento e cordial".

Xurxo L.

Academico da Real Academia Galega de Belas Artes.
Patrono da Fundacion Castelao.
Director del Festival de Fotografia Olladas.
Colaborador en El Pais y www.mundiario.com 

"A empresa Mark Guscin ofrece servizos de tradución moi rápidos e de gran calidade. Encántanos a súa profesionalidade e o seu trato cordial”

Cristina F.

Empresa de deseño e produción téxtil