Perseguimos un resultado rigoroso, de tal xeito que o discurso se filtre a outros idiomas sen que se desvanezan a intención e o sentido principais.
Coidamos da súa imaxe corporativa e dámoslle un novo pulo.
Saber idiomas non implica necesariamente saber traducir e, neste sector, a especialización é importante. Os nosos colaboradores son expertos nas materias que traducen, só traducen á súa lingua materna e viven nos seus países de orixe, en contacto permanente coa evolución do idioma.
Automoción, científica, editorial, farmaceútica, industrial, xogos, literaria, márketing, médica, páxinas web, técnica, telecomunicacións, turística...
A experiencia en ámbitos web sitúanos na vangarda do uso das novas tecnoloxías.
Administramos e facemos o seguimento de páxinas web, blogs, redes sociais, que empregan diversos idiomas para a súa comunicación corporativa e persoal.
Simultánea: Nesta modalidade, un equipo de dous intérpretes por idioma traduce simultaneamente o discurso do relator, por quendas, dende a cabina de interpretación. Os asistentes reciben nos seus auriculares a tradución no idioma desexado.
Consecutiva: Os intérpretes reproducen o discurso por parágrafos ou cando este estea finalizado sen cabinas nin receptores. Xeralmente o sistema de audición propio da sala é suficiente.
Simultánea musitada: Indicada para aqueles eventos nos cales un máximo de dúas persoas precisan interpretación.
Interpretación de acompañamento: Tradúcese puntualmente para pequenos grupos.
Interpretación xurada: Realizada por un intérprete xurado recoñecido polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. Acostúmase requirir en eventos de carácter oficial, sinaturas notariais, comparecencias xudiciais e testificais, interrogatorios, etc.
Asesoramos, facemos revisión e corrección de textos e estilos.
Subtitulamos presentacións, documentais, películas...